A Sociedade Cultural e Recreativa Bergantiños -Casino de Carballo – é unha sociedade centenaria fundada polo Bergantiños F.C. co nome orixinal de “Sociedad Recreativo-Deportiva Bergantiños F.C“, o 26 de Novembro de 1924, sendo Luciano Regueiro Pumpido o seu primeiro presidente.
Tres meses despois, en Febreiro de 1925, inaugurouse a súa sede, un edificio propiedade do médico de Sofán, Manuel Regueiro Vázquez, que se mantivo de xeito ininterrumpido, dende a súa inauguración ata hoxe en día, como local da asociación. Trátase pois dunha asociación e unha sede centenarias.
A asociación mudou catro veces de nome ó longo dos anos, mais mantivo de xeito riguroso os fins para os que foi creada, recollidos xa no seu primeiro regulamento:
Foi o 28 de Xaneiro do ano 1950 que pasou a denominarse “Sociedad Cultural y Recreativa Bergantiños”. Non foron éstas dúas as únicas denominacións, xa que no 26 de Xaneiro de 1957, pasou a chamarse, logo de ser aprobado en asamblea, “Casino de Carballo”, o nome polo que é actualmente máis coñecida a nivel popular.
Finalmente o 6 de Maio de 2004, foi aprovado en asamblea o nome “Sociedade Cultural e Recreativa Bergantiños, Casino de Carballo”, en galego e que incorpora dúas das denominacións históricas o cal se mantense a día de hoxe.
A falta de relevo xeracional, a escasa actividade, a grave falta de mantemento do edificio e a precariedade económica provocaron que a asociación estivese a piques de desaparecer a primeiros do ano 2018, mais un 23 de Febreiro dese ano, unha nova directiva chegou para darlle novos pulos. E abofé que o conseguiu. En poucos meses duplicouse a masa social e comenzaron con obras de restauración no edificio, apoiadas na colaboración de moitas persoas que achegaron traballo voluntario para devolverlle a habitalidade ó vello edificio.
Casino1889 é o alcume co que a nova directiva quixo nomear o seu proxecto para a centenaria asociación, dándolle unha nova imaxe, máis actual, exclusiva para as redes. Así mesmo abriron o Casino a todo o pobo coa etiqueta #OCasinosomostodas fronte á exclusividade e acceso restrinxido, só para persoas socias, que marcara a actividade dende a súa fundación. Un alcume, unha nova imaxe exclusiva para as redes sociais. A denominación oficial no rexistro de asociación nunca mudou. Esta é, cecais, o nome co que as novas xeracións, e por Galicia adiante, mellor coñecen a asociación..
Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para obter estatísticas sobre os hábitos de navegación do usuario, mellorar a súa experiencia e permitirlle compartir contidos nas redes sociais. Pode aceptar ou rexeitar as cookies, así como personalizar cales quere desactivar.
Podes atopar toda a información na nosa Política de cookies.