A Sociedade Cultural e Recreativa Bergantiños, coñecida máis popularmente por Casino de Carballo, é unha sociedade centenaria fundada polo Bergantiños F.C. baixo a denominación de “Sociedad Recreativo-Deportiva Bergantiños F.C“, un 26 de Novembro de 1924, sendo Luciano Regueiro Pumpido o seu primeiro presidente. Sala de lectura, xornais e revistas diarias, actividades como pandeireta, canto, baile Malinke (danza africana), ioga, aula de guitarra, grupo de consumo Xirimolo, actos anuais (fin de ano, concertos, presentacións de libros, series documentais…), etc.
Se o Casino é incluido no PXOM quedaría protexido.
Non podería ser derrubado.
No caso de querer reformarse debería facerse respetando a estructura orixinal e, tanto os propietarios como a Administración terían a obriga de conservalo.
Con esta proposta esperamos poder protexer o Casino da especulación urbanística que ameaza o edificio dende 2018 e que levou a toda unha vila a unirse para frear a súa desaparición.
Se tes asinado no formulario de papel, non repitas a túa sinatura aquí, por favor. ¡¡Grazas!!
Como asociación tamén podedes apoiar a solicitude de inclusión do PXOM:
Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para obter estatísticas sobre os hábitos de navegación do usuario, mellorar a súa experiencia e permitirlle compartir contidos nas redes sociais. Pode aceptar ou rexeitar as cookies, así como personalizar cales quere desactivar.
Podes atopar toda a información na nosa Política de cookies.