A Sociedade Cultural e Recreativa Bergantiños, coñecida máis popularmente por Casino de Carballo, é unha sociedade centenaria fundada polo Bergantiños F.C. baixo a denominación de “Sociedad Recreativo-Deportiva Bergantiños F.C“, un 26 de Novembro de 1924, sendo Luciano Regueiro Pumpido o seu primeiro presidente.
Isto é un chamado a todas as que creedes na autoorganización e na creatividade en colectivo. Ás que respirades cultura e tedes ansia por expresarvos, sen complexos, sen necesidade do aprovado da intelectualidade de calquer época e lugar. Non buscamos o éxito, polo tanto nunca fracasaremos.
Isto é un chamado a deixar de admirar a través das pantallas proxectos alleos e convertirse en suxeito activo, soa ou en colectivo, a amosar ó mundo enteiro iso que tanto tempo levas dentro teimando por sair.
Isto é un chamado a convertir o Casino nunha Fábrica da Arte, unha factoría de soños cumplidos, un espazo onde nunca te sintas soa, de respeto, sen violencias, un espazo de tolerancia, onde as diferencias sexan a diversidade que nos fai únicos e potencia os talentos de cada unha, onde o que nos une nos dea a forza para voar.
Isto é un chamado a a reivindicar que existimos (ou resistimos), a visibilizarnos, a desenvolver iniciativas por nós mesmas, autoxestionadas, arriscadas, valentes, dende a ilusión e a vontade desinteresada de axudar, dende a colaboración e a amizade que nos fai sentir humildes pero orgullosos de saber que somos nós mesmas, nós mesmos…
Texto inspirado pola “A novela do Bravú”, de Xurxo Souto.
Ha sido renovada la directiva, en la que Víctor Lorenzo regresa a la presidencia. Publicado na Voz de Galicia o 25 de novembro de 2018....
Se cumplen 100 años de la inscripción oficial de la Sociedade Recreativo Deportiva Bergantiños. Xan Fraga ofrecerá una charla el viernes La Sociedade Cultural Recreativa...
Hasta ayer habían recaudado más de 80.000 euros, 70.000 precisos para el derecho de retracto. Ha sido solo una batalla, pero era la más difícil...
Hace falta reunir al menos 70.000 euros hasta el lunes, con nueva reunión. El histórico Casino de Carballo necesita por lo menos 70.000 euros para...
Ya se han conseguido 50.000 euros y ayer quedaron comprometidos 14.000 más El histórico Casino de Carballo necesita por lo menos 70.000 euros para garantizar...
En Novembro de 2024 a asociación comezou, cun grande apoio popular, a loita para que o governo municipal revogue a decisión e presentou unha solicitude para que fose incluido no catálogo do PXOM.
Nas tres xuntanzas para tratar este asunto entre a directiva e o alcalde, naquela altura Evencio Ferrero, así coma o concelleiro de urbanismo e o arquitecto municipal, as únicas respostas que obtivemos foron que se manterían á espera do que decidisen os técnicos e a Xunta de Galica á que tamén se lle tiña feito a solicitude para que incluísen o edificio no Catálogo de Bens Culturais de Galicia. Foi a agrupación local do PSOE a que presentou unha moción no pleno municipal do 24/11/2025 para tal fin, obrigando así ó goberno municipal, e ó terceiro grupo da corpordación municipal, o do PP, a posicionarse públicamente.
Co resultado da votación, a moción ficou aprovada por unanimidade de tódolos grupos políticos. Nesta altura, estamos agardando que cumplan a súa palabra e den comezo ó expediente correspondiente para tal fin.
A loita aínda non rematou.
Ao pobo de Carballo e a toda a xente que nunca deixou nin deixa de creer e apoiar, ás persoas socias, ás que achegaron mais de 70.000 € nunha semana para poder presentar demanda de retracto, ás persoas e asociación que asinaron a petición para que o edificio fose incluído no catalogo do P.X.O.M e no Catálogo de Bens Culturais da Xunta de Galicia, ás que que nos axudaron na redacción, a conseguir documentación ou en calquer aspecto para facer realidade as solicitudes de protección, ás que nos asesoraron para enfrontar as xuntanzas concello neste eido, ós medios e profesionais que difunden a actualidade do Casino e están pendentes, ás persoas que axudaron a Xan Fraga que sen o seu traballo de investigación sobre o urbanismo carballés en xeral e do Casino en particular faríanos case imposible redactar as solicitudes, pola súa pedagoxía, a tódolos artistas que colaboraron desinteresadamente para recadar fondos cando a situación así o demandou, a todas as perosa e artistas que siguen enchendo e dando vida coa súa arte este gran contedor cultural, todas as que axudan e axudaron nas obras de rehabilitación, ás que nos legaron a asociación e o edificio coidando de que chegase a nos éste legado arquitectónico, cultural, históricao e social en definitiva, a todas quen dun xeito ou outro creen na nesta loita e están desexando festexar con nós que o Casino queda para a asociación.
E, finalmente, disculpas a quen os nosos erros poideron causar mal corpo. Somos persoas e temos erros.
Se botas algo de menos neste apartado gustaríanos que nos escribises para contárnolo.
Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para obter estatísticas sobre os hábitos de navegación do usuario, mellorar a súa experiencia e permitirlle compartir contidos nas redes sociais. Pode aceptar ou rexeitar as cookies, así como personalizar cales quere desactivar.
Podes atopar toda a información na nosa Política de cookies.