Casino de Carballo

A Sociedade Cultural e Recreativa Bergantiños, coñecida máis popularmente por Casino de Carballo, é unha sociedade centenaria fundada polo Bergantiños F.C. baixo a denominación de “Sociedad Recreativo-Deportiva Bergantiños F.C“, un 26 de Novembro de 1924, sendo Luciano Regueiro Pumpido o seu primeiro presidente.
Tres meses despois, en Febreiro de 1925, inaugurouse a súa sede, un edificio propiedade do médico de Sofán, Manuel Regueiro Vázquez, que se mantivo de xeito ininterrumpido, durante todo un século, e ainda a día de hoxe, como local da asociación. Trátase pois dunha asociación centenaria cun local social centenario.

A asociación mudou catro veces de nome ó longo dos anos, mais mantivo de xeito riguroso os fins para os que foi creada, recollidos xa no seu primeiro regulamento:
a) Lectura de xornais, revistas e libros, contando a tal fin con biblioteca propia.
b) Celebración de veladas lirico- literarias, concertos, bailes, palestras, e cantos impliquen cultura e ilustración.
c) Xogos lícitos.(sic)

Foi o 28 de Xaneiro do ano 1950 que pasou a denominarse “Sociedad Cultural y Recreativa Bergantiños”. Non foron éstas dúas as únicas denominacións, xa que no 26 de Xaneiro de 1957, pasou a chamarse, logo de ser aprobado en asamblea, Casino de Carballo, cecais a denominación pola que é actualmente máis coñecida a asociación a nivel popular.

Finalmente o 6 de Maio de 2004, foi aprovado en asamblea a actual denominación, que incorpora dúas das denominacións históricas mais en galego, quedando así “Sociedade Cultural e Recreativa Bergantiños, Casino de Carballo” que se mantén como denominación oficial a día de hoxe.
A falta de relevo xeracional, a escasa actividade, a grave falta de mantemento do edificio e a precariedade económica provocaron que a asociación estivese.a piques de desaparecer a primeiros do ano 2018…
Máis un 23 de Febreiro dese mesmo ano, unha nova directiva chegou para darlle novos pulos. E abofé que o conseguiu. En poucos meses conseguiron duplicar a masa social e comenzaron con obras de restauración no edificio apoiadas na colaboración de moitas persoas que achegaron traballo voluntario para devolverlle a habitalidade ó vello Casino. Coa idea de dárlle unha nova imaxe, máis actual e aberta a todo o pobo.

(#OCasinosomostodas) fronte á vella exclusividade de acceso só para socias, puxéronlle ó seu proxecto o alcume de Casino1889 nas redes sociais, mentras oficialmente mantiveron a denominación “Sociedade Cultural e Recreativa Bergantiños, Casino de Carballo”.
Casino1889 é cecais, actualmente, o nome co que as novas xeracións mellor coñecen a asociación. Actualmente, e xa dende o lonxano Agosto do ano 2018, ven mantendo unha lea xudicial coa inmobiliaria propietaria do edificio,“Horta do Casino S.L“, pola propiedade do mesmo, reclamando no xulgado o seu dereito ó retracto polo importe de 70.000€, declarado polos actuáis propietarios nas escrituras públicas. A sociedade foi quen de recadar, despois dunhas asambleas históricas, en tan só unha semana, máis dos 70.000€ que se precisaban para ir a xuizo a través de créditos persoais e doazóns populares nas que participaron 129 persoas, o cal da idea do sentimento que o Casino esperta en Carballo e a súa bisbarra.
O centenario edificio do Casino non foi incluido polo governo municipal no catálogo do Plan Xeral de Ordenacion Municipal aprobado no ano 2016 e polo tanto non goza de protección urbanística ningunha como un dos escasos símbolos do excelente urbanismo carballés dos anos 20 do século pasado que se mantén aínda en pé, o cal deixao á mercede dos especuladores. Actualmente, en pleno 2025, ano do centenario, a asociación está de cheo na loita para que o governo municipal revogue a decisión para o cal conta cun grande apoio popular.

escríbenos unha mensaxe: