Económicamente, as vantaxes non son moitas. Facemos un desconto do 10% a socias, tanto nas actividades que se organizan con cobro de entrada, coma nas aulas regulares. Somos conscientes que éste atractivo non é moi grande. Podemos dicir na nosa defensa que, neste eido, estamos limitadas pola necesidade de devolver os 70.000€, como explicamos ó final deste apartado, achegados polas veciñas da vila para acadar a propiedade da nosa sede.
Asociarse é unha maneira directa de defender un patrimonio arquitéctonico, cultural, social e histórico centenario e único na vila de Carballo evitando que desapareza. Estarás achegando fondos para que a asociación poda facerse coa propiedade do edificio, ameazado pola especulación, que é a súa sede dende que se inaugurou, estarás posibilitando afrontar a súa rehabilitación para poñelo á altura da súa magnífica historia, a de Carballo, apiando a conservación dun dos poucos símbolos urbanísticos que quedan na vila despois da onda especulativa que arrasou o magnifico urbanismo do primiero terzo do Século XX.
Asemade, estarás contribuíndo a que poidamos manter a basta actividade cultural que, dende a base, vimos desenvolvendo, así como manter un espazo aberto para que numerosas artistas podan amosar a súa obra e dar visbilidade a diferentes colectivos sociais que desenvolven a súa labor no Casino a través de mercadillos solidarios, de artesanía local, talleres, conferencias, actividades comunitarias, etc…En definitiva, un espazo no que calquera que o desexe pode ter voz.
E finalmente estarás axudando a devolver eses créditos persoais ás 129 persoas que os adiantaron para que a asociación consiga a propiedade do edificio. Máis de 70.000€ que foron depositados no xulgado e que permitiron presentar unha demanda de retracto ou dereito preferente de compra, por ser inquilinos. As cotas das socias van en grande parte a conseguir devolver esas aportacións que aquelas mecenas adiantaron no 2018.
Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para obter estatísticas sobre os hábitos de navegación do usuario, mellorar a súa experiencia e permitirlle compartir contidos nas redes sociais. Pode aceptar ou rexeitar as cookies, así como personalizar cales quere desactivar.
Podes atopar toda a información na nosa Política de cookies.