
Más de dos mil firmas piden ya la protección del Casino de Carballo
Ha sido renovada la directiva, en la que Víctor Lorenzo
Foi a etiqueta da campaña creada para salvar o centenario edificio do Casino das gadoupas da especulación, un mal que marcou a historia dunha vila que pasou de ser un referente urbanístico en Galicia no primeiro terzo do século XX a destruir case tódolos seus símbolos. Un dos escasos referentes aínda en pé é o Casino.
Actualmente, e dende o lonxano Agosto de 2018, a asociación está nun proceso xudicial coa inmobiliaria propietaria do edificio,“Horta do Casino S.L“, pola propiedade do mesmo, reclamando no xulgado o seu dereito ó retracto polo importe de 70.000€, declarado polos actuáis propietarios nas escrituras públicas. A sociedade foi quen de recadar, despois dunhas asambleas históricas, e en tan só unha semana, máis dos 70.000€ que se precisaban para ir a xuizo a través de créditos persoais e doazóns populares nas que participaron 129 persoas, o cal da idea do sentimento que o Casino esperta en Carballo e a súa bisbarra. Demos conta detallada de todo isto no “Xornal do Casino”
Hasta ayer habían recaudado más de 80.000 euros, 70.000 precisos para el derecho de retracto. Ha sido solo una batalla, pero era la más difícil...
Hace falta reunir al menos 70.000 euros hasta el lunes, con nueva reunión. El histórico Casino de Carballo necesita por lo menos 70.000 euros para...
Ya se han conseguido 50.000 euros y ayer quedaron comprometidos 14.000 más El histórico Casino de Carballo necesita por lo menos 70.000 euros para garantizar...
O centenario edificio do Casino non foi incluido polo governo municipal no catálogo do Plan Xeral de Ordenacion Municipal aprobado no ano 2016 e polo tanto non goza de protección urbanística ningunha como un dos escasos símbolos do excelente urbanismo carballés dos anos 20 do século pasado que se mantén aínda en pé, o cal deixao á mercede dos especuladores.
En Novembro de 2024 a asociación comezou, cun grande apoio popular, a loita para que o governo municipal revogue a decisión e presentou unha solicitude para que fose incluido no catálogo do PXOM.
Nas tres xuntanzas para tratar este asunto entre a directiva e o alcalde, naquela altura Evencio Ferrero, así coma o concelleiro de urbanismo e o arquitecto municipal, as únicas respostas que obtivemos foron que se manterían á espera do que decidisen os técnicos e a Xunta de Galica á que tamén se lle tiña feito a solicitude para que incluísen o edificio no Catálogo de Bens Culturais de Galicia. Foi a agrupación local do PSOE a que presentou unha moción no pleno municipal do 24/11/2025 para tal fin, obrigando así ó goberno municipal, e ó terceiro grupo da corpordación municipal, o do PP, a posicionarse públicamente.
Co resultado da votación, a moción ficou aprovada por unanimidade de tódolos grupos políticos. Nesta altura, estamos agardando que cumplan a súa palabra e den comezo ó expediente correspondiente para tal fin.
A loita aínda non rematou.

Ha sido renovada la directiva, en la que Víctor Lorenzo

Se cumplen 100 años de la inscripción oficial de la
Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para obter estatísticas sobre os hábitos de navegación do usuario, mellorar a súa experiencia e permitirlle compartir contidos nas redes sociais. Pode aceptar ou rexeitar as cookies, así como personalizar cales quere desactivar.
Podes atopar toda a información na nosa Política de cookies.